A reforma da rúa Vista Alegre ten un custe de 288.00 euros
O Concello dispón xa do proxecto de reforma integral da Rúa Vista Alegre. A actuación deseñada polos técnicos municipais ten un custe de 288.000 euros que se financiarán a través dos fondos do PUXIM 2015 que lle corresponden a Vilagarcía. A obra executarase no presente ano e con ela non só se mellorará a estética e mobilidades da mesma, senón que tamén se aproveitará para renovar as redes de servizos básicos.
A concelleira de Obras e Servizo, Ana Granja, dou a coñecer hoxe as características do proxecto no que o goberno local leva varios meses traballando posto que a reforma da Rúa Vista Alegre entraba nos plans prioritarios do equipo de Tomás Fole, centrados no acondicionamento e posta en valor de toda a contorna do conxunto monumental, incluído a zona da Xunqueira, a Praza de Abastos e o Castro de Alobre.
Tramo peonil
O proxecto para Vista Alegre dividirase en dúas partes en función do tramo pernil e do tramo polo que circula o tráfico. No primeiro comeza xusto onde remata a zona pernil enlousada, na entrada do colexio Filipense, e remata no cruce con López Cuevillas. Este traxecto leva xa un par de anos peonalizado, permitíndose soamente o paso dos vehículos de usuarios dos garaxes alí emprazados. A actuación proxectada prevé a completa humanización deste tramo da rúa que quedará a nivel.
Habilitarase un carril de vehículos para o acceso aos garaxes. Construirase en formigón, material que resiste mellor o paso dos coches sen deteriorarse. Para que teña unha imaxe máis estética e acorde coa zona monumental, o formigón tratarase mediante pulido ou impresión.
A zona de beirarrúas ensancharase a ambos lados e, aínda que irás a nivel co carril, diferenciaranse deste porque se construirá con lousas de pedra similares á da zona peonil que baixa cara Castelao.
Tramo con tráfico rodado
O segundo tramo da Rúa Vista Alegre tamén será obxecto dunha importante mellora posto que, ademais de mellorar o deteriorado firme, tamén permitirá ensanchar un pouco e reformar as beirarrúas. O firma, que na actualidade se atopa afundido e con moitos desniveis e buratos que dificultan a circulación rodada, nivelarase con formigón.
As beirarrúas reconstruiranse por completo para darlles un pouco máis de ancho que e para nivelalas, xa que na actualidade hai tramos que presentan un peralte ou desnivel moi grande que dificulta o andar das persoas e o paso de carros ou cadeiras de rodas,
A obra non se limitará a parte externa ou máis estética, senón que tamén se aproveitará para mellorara a rede se servizos soterrados, concretamente as canalizacións do saneamento e a de abastecemento de auga que nesta rúa son moi antigas e aínda de fibrocemento, polo que se producen rebentóns con moita frecuencia.
O proxecto xa foi exposto polo goberno hai días a unha representación da comisión de veciños de Vista Alegre. Unha vez rematado o proxecto, este someterase á aprobación da Xunta Local de Goberno o venres e remitirase á deputación. Concello licitará a obra tan pronto como o organismo provincial confirme a inclusión da actuación do Plan Urxente de Mantemento de Infraestruturas e Servizos (PUXIM) 2015.











