A puntuación do ranking 2014 da RFEA coloca á Ximnástica na súa mellor posición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Sociedade Ximnástica continúa mellorándose a si mesma e se o balance da tempada pasada é máis que satisfactoria; a Federación nacional acaba de dar outra alegría ao equipo pontevedrés coa publicación do ranking nacional.

Na devandita publicación reflíctese o apartado da puntuación dos Clubs; onde se valora aos atletas que ten cada Club colocado entre os 50 primeiros de cada proba, no ranking absoluto e os 25 mellores do ranking de cada categoría.

O equipo que dirixe Ramón Touza, se en 2008 e 2010 foron os décimos sétimo, agora alcanza a súa mellor clasificación de sempre, colocándose o décimo quinto de España con 4.579 puntos, sendo ademais por segundo ano consecutivo o mellor Club de Galicia.

Como leva sucedendo varios anos, son os rapaces os que atesouran a maior parte dos puntos, no ranking masculino absoluto suman 3.086 puntos, sendo os sextos de España a un posto da súa mellor clasificación de sempre, cando en 2012, foron os quintos.

Tamén é importante observar que a Ximnástica puntúa en todas as categorías, o que demostra o traballo que se fai cada ano en todas as idades do atletismo.

14 de xaneiro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.