A ponte Jam abre o prazo de inscrición
A segunda edición de Pontevedra Jam dá o seu pistoletazo de saída coa apertura do prazo de inscrición, a través da ferramenta Ticketea. Organizada por Espacio Arroelo, a ponte Jam, parte dun evento internacional de deseño de servizos que se celebra o mesmo fin de semana en distintos países, terá lugar o próximo 28 de febreiro, sábado, de 9:30 a 20:00h., nas instalacións de Espacio Arroelo (R/ Michelena 11, 3, Pontevedra).
Ponte Jam é unha actividade que forma parte de Global Service Jam, un evento internacional de deseño de servizos que se celebra o mesmo fin de semana en 48 países e que na súa última edición contou coa participación de máis de 1400 participantes. Trátase dunha actividade aberta a todas aquelas persoas que queiran participar (profesionais, estudantes, novos, empresarias/os, etc), sen un límite de idade, ata completar o total de 30 participantes.
Sobre a base dun reto común, o obxectivo é que as persoas participantes creen novos servizos, ideas e prototipos destes cos que xerar unha pequena (ou grande) diferenza no mundo.











