A Policía mantén varias liñas de investigación no caso do bebé achado morto nunha matogueira da Coruña
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, manifestou que a Policía Nacional mantén abertas “varias liñas de investigación” en relación ao bebé achado sen vida nunha matogueira do monte de San Pedro de A Coruña.
A preguntas dos xornalistas, Villanueva ratificou que “se segue investigando” e que o obxectivo é “determinar a identidade da nai”. Non obstante, admitiu que, polo momento, “non hai conclusións”.
O corpo do recén nacido foi achado o pasado día 27 de decembro por un veciño da zona de San Pedro, que paseaba polo lugar e que foi quen alertou aos servizos de emerxencia do sucedido.











