A Policía Local de Ferrol informa de variacións no tráfico rodado polas obras de reurbanización da rúa Alegre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol informa de variacións no tráfico rodado debido as obras de reurbanización da rúa Alegre, en Canido, e dos traballos dos novos colectores do sistema de depuración e saneamento da ría que se están a levar a cabo no entorno de Irmandiños. Estas medidas entrarán en vigor o vindeiro luns, día 12.

No que atinxe a Canido, durante a xornada do luns se realizará un corte ao tráfico rodado que afectará ao cruce da rúa Alegre con Maiola. Esta restrición temporal será efectiva entre as 09:00 e as 17:00 horas e débese á conexión da nova canalización de abastecemento de auga. Así, a Policía Local recomenda o acceso a Canido polas rúas Coruña e Santos durante esta limitación temporal. Ao día seguinte, martes 13, está previsto que se retome a circulación con normalidade.

Por outra banda, e tamén a partir do vindeiro luns 12, se procederá á restrición ao tráfico rodado en parte da praza de Galicia á altura da rotonda próxima ao Teatro Jofre, que se cortará dende a gasolineira ata a metade da devabndita glorieta. Este corte suporá que a rúa Coruña será de baixada SOAMENTE para o acceso aos mercados e de saída cara a zona portuaria por Irmandiños. Así mesmo, a rúa Igrexa será habilitada de dobre sentido de circulación no treito comprendido entre Coruña e praza de Galicia, polo que se elimina o estacionamento de vehículos en dito tramo. Ademais, o tráfico rodado da rúa Igrexa en dirección a praza de España será desviado por praza de Galicia mediante a habilitación dunha rotonda provisional.

A Policía Local recomenda o acceso ao centro da cidade por Españoleto – praza de España – tramo aberto da rúa Sol; ou ben directamente pola Avenida de Vigo. Este corte ao tráfico rodado, que será efectivo a partir do vindeiro luns 12 na rotonda da Praza de Galicia, se debe a unha nova fase das obras de saneamento que se están a desenvolver nesta zona da cidade e ten previsto durar dez días.

9 de xaneiro de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.