A Piscina Climatizada de Verín sumará tres novos grupos de actividades á programación da tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín, co obxecto de seguir mellorando o servizo ofertado aos/ás usuarios/as, amplía a oferta de grupos nas actividades deportivas na Piscina Climatizada do Concello de Verín para a tempada 2014-2015. Aos xa ofertados con anterioridade, súmase tres novos nos seguintes horarios: Spinning (luns e mércores de 08.30 ás 09.15 horas), Aero Box (martes e xoves, de 21.15 ás 22 horas) e Aero Tono (martes e xoves, de 19.45 a 20.30 horas).

As persoas interesadas en inscribirse nestes grupos e noutros dos ofertados nesta instalación deportiva poden realizalo no horario aberto ao público da Piscina Climatizada, de de luns a venres (07.30 a 12.30 e 16.00 a 23.00 horas), sábado (09.00 a 13.00 e 16.00 a 20 horas) e domingo (10.00 a 13.00 horas).

Os cursos que se ofertarán esta tempada son: natación (adultos, bebés, infantil e colectivos), aquagym, wellness, aerotono, zumba, pilates, spinning e tonificación muscular (G.A.P.), ademais das novidades power-dumbell, step, aero-box e tonificación.

29 de xaneiro de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.