A peña españolista Prone Lugo F.S. sucumbe na Estrada
Demasiado avultado e enganoso o marcador final na Estrada, que non reflexa o realmente ocorrido na pista. A Peña Españolista Prone Lugo F.S. B, chegaba á cita con numerosas baixas, facíao só con 10 xogadores, dos cales 6 eran xuvenís, un deles debutante, Losada. O filial do Prone tivo opcións para adiantarse no marcador, pero non lograba finalizar con precisión, quen si lograría ver porta sería o xogador local Fabián no minuto 12 que poñía o 1-0 no marcador, un minuto despois produciuse unha situación moi protestada polos visitantes, posto que Álvaro sería expulsado por dobre amarela tras cometer dúas faltas. Esta situación provoco que o filial vise reducidas os seus rotacións, feito que os locais aproveitaron para poñer terra polo medio, e Fabián con dous novos goles deixaría o marcador en 3-0 á conclusión da primeira metade.
Na segunda metade a Pena Españolista Prone Lugo F.S. B comezaba presionando a saída de balón dos locais, pero duas contras moi ben levadas polos locais e un erro desafortunado na saída de balón entre Jacobo e Adrián, provocaban que os locais conseguisen anotar tres novos goles. Nese momento e con oito minutos por xogarse o técnico do filial intentábao colocando sobre a pista o porteiro xogador, o que lle valería para recortar distancias no marcador co gol de Adrián, pero que tamén provocaba que os locais anotasen dous novos goles para deixar o marcador no definitivo 8-1.











