publicidade hoxe

A parroquia de Anca celebra o sábado o seu I Campionato de Futbolín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A parroquia nedense de Anca celebrará este sábado, 10 de xaneiro, o seu primeiro Campionato de Fútbolín na modalidade parado (e segundo as normas LNF). Terá lugar a partires das 19 horas no local social de Anca. Organizado pola entidade veciñal, a competición conta coa colaboración do Concello de Neda.

O prazo de inscripción continuará aberto ata o mesmo día do torneo, na sede veciñal ou chamando aos teléfonos 695 120 730 (Esteban) e 607 675 338 (Pitu), e o custe, por parella, é de 30 euros. A competición repartirá 730 euros en premios en metálico e tamén trofeo. A día de hoxe van máis de 20 parellas anotadas, incluso procedentes doutras provincias como Lugo.

7 de xaneiro de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.