publicidade hoxe

A oposición priva a Gondomar dun aforro do 55% nos billetes do autobús

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Unha vez máis, a oposición deste Concello non pensa nos seus veciños e no aforro dun 55% que isto lles supoñería, é inexplicable que os grupos da oposición non aposten nestes momentos polos servizos públicos do transporte colectivo como neste caso ” o autobús”.

Nos momentos de crise que estamos a vivir, seria moi conveniente aproveitar estes descontos, que soamente supoñerían un custo para as arcas do concello dun 20%, aproximadamente uns 19.000 €, dos que se beneficiarían todos os Gondomareños xa que a Xunta achegaría o 80% do investimento.

Esta decisión egoísta, partidista e desafortunada da oposición vai supoñer que os veciños de Gondomar teñan que pagar por un mesmo traxecto máis do dobre polos seus billetes que os demais usuarios da Área Metropolitana.

28 de xaneiro de 2015 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.