publicidade hoxe

A OMIX de Verín tramitou no pasado ano un total de 251 carnés xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerínXuventude
A-
A+

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín tramitou un total de 251 carnés xoves no ano 2014.

Este carné, para mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos (ambos os dous inclusive), é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive). Para solicitar este carné é necesario cubrir un impreso de solicitude, acreditar a identidade co DNI ou pasaporte e abonar 6 euros mediante o impreso das taxas. O obxectivo é facilitar aos/ás mozos/as o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes (bens e servizos que abranguen ámbitos como o cultural, aloxamento, transportes, comercial ou ensino, entre outros).

Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos financeiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozo/as galegos/as.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil ademais de tramitar este carné, tramita os carnés de Alberguista, (Xove, Adulto, Familiar e Grupo), o Carné Teacher, e do Estudante.

23 de xaneiro de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.