A obra “Un marido de ida e volta” do grupo Chumpá Teatro represéntase no Auditorio de Ribadumia
A concellería de Cultura de Ribadumia propón para esta fin de semana unha comedia do grupo de Teatro Chumpá. É unha obra para tódolos públicos que se aparta do cotiá para facer entrar ao espectador nun mundo de fantasía.
“Un marido de ida e volta” é unha obra sobre o “máis alá”, sobre o amor que fai ao marido defunto volver en forma de pantasma ao lado da súa muller, novamente casada, con todas as situacións extremas que iso orixina.
O grupo pertence a Asociación Cultural e Xuvenil Escola Artística de Cuntis coa que participa en actividades e eventos que respaldan o seu éxito.
A entrada é de balde, o domingo 1, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.











