A obra teatral “Demolición” chega ao Teatro Jofre para ofrecer un espectáculo entre a comedia e o drama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A traxicomedia galega “Demolición” chega o vindeiro sábado, día 24, ao Teatro Jofre dentro da programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. A función dará comezo ás 20:30 horas e as entradas poden ser adquiridas a través da páxina web www.ferrol.es (Apartado Axenda Cultural) ou no propio despacho do teatro municipal.

Dous personaxes dan vida a esta obra, entre a comedia e o drama, que xira entorno á demolición dun edificio e co transfondo da crise inmobiliaria e a especulación. Unha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre a reflexión e o divertimento.

21 de xaneiro de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.