A mostra fotográfica “Tinta” permanece exposta até o 15 de febreiro no andar -1 do Pazo da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura acolle a mostra fotográfica “Tinta” do artista Juan Casares, unha persoa vinculada a Carballo desde a súa infancia. Pertence ao colectivo de artistas de Carballo “Creaformas” e está estudando na Escola Internacional de Fotografía GrisArt, de Barcelona. Presenta por primeira vez unha mostra de fotografías sobre o ambiente que se respira no interior dun estudio de tatuaxes, en concreto o Mystery Tattoo House en Barcelona. As imaxes van desde o decorado do estudio, ás persoas, sempre moi activas e que se ven reflectidas traballando ou comentando traballos doutros tatuadores, durante o proceso de creación, nos momentos libres entre cita e cita, etc. A mostra estará en Carballo até o domingo 8 de febreiro e pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas.

21 de xaneiro de 2015 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.