A Ludoteca de Nadal pechas as súas portas coa participación de máis de 600 cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A segunda edición da Ludoteca de Nadal pecha hoxe as súas portas cun novo éxito de afluencia, coa participación de máis de 600 nenos e nenas de Nigrán, que gozaron deste servizo posto en marcha polo goberno municipal para axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños, ao tempo que facilita as compras do Nadal no comercio local.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, agradece un ano máis a confianza depositada polas familias de Nigrán, e subliña o carácter pioneiro desta iniciativa, “que axuda aos pais e nais deste concello a conciliar a vida laboral e familiar nos períodos vacacionais dos máis pequenos da casa, e de forma totalmente gratuíta”, sinala.

Novo record de asistencia

O parque infantil e de ocio Nigrán Xogolandia consolídase na súa cuarta edición, coa afluencia de máis de 3.000 persoas, que se desprazaron ata o Pavillón Municipal de Panxón para gozar de máis de 1.000 metros cadrados de diversión. “Un éxito de participación sen precedentes, que nos permite falar dun evento xa consolidado e agardado polos veciños nestas datas,” sinala Valverde.

Así mesmo, as características do evento, único na bisbarra, e a gratuidade do seu acceso, unha das grandes novidades da programación do Nadal deste ano en Nigrán, poden ser tamén causa deste incremento de afluencia.

8 de xaneiro de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.