A literatura de ficción de Julio Verne centra a programación infantil do Nuby Club
O xénero de ciencia ficción protagonizará as actividades infantís de xaneiro do Nuby Club, que se internará na vida e a obra dun dos seus máximos expoñentes, o escritor francés Julio Verne, considerado o fundador da literatura moderna desta categoría e en cuxos relatos predixo a aparición de inventos, logros científicos e descubrimentos como o submarino, a televisión ou as naves espaciais, posteriores á súa época.
Así, o sábado día 3, os nenos somerxeranse na apaixonante viaxe ao fondo do mar que propón Vinte mil leguas de viaxe submarina (1870) e correrán, xunto aos seus personaxes, fantásticas aventuras a bordo do submarino Nautilus, capitaneado polo misterioso capitán Nemo. Ademais, crearán con globos e ceras de cores divertidos cabaliños de mar e polbos, e participarán en entretidos xogos como escapando da quenlla.
O luns día 5, os Reis Magos de Oriente realizarán a súa tradicional visita ao centro entre as 16:00 h. e as 19:00 h., o que dará aos máis pequenos a ocasión perfecta para transmitirlles persoalmente a súa lista de desexos.
O sábado día 10, os nenos empregarán a súa imaxinación para viaxar á Lúa grazas ao minirrelato da novela de Verne, Da Terra á Lúa (1865), coa que desatou na súa época o interese polas viaxes espaciais e que lles servirá para introducirse no mundo da ciencia. Como parte do taller e inspirándose no seu argumento, construirán unha Lúa e un marco de fotos con forma de foguete, e divertiranse con xogos como o meteorito vai estalar e o chan.
O sábado 17 será a quenda da volta ao mundo en 80 días (1873). O texto conta as trepidantes aventuras vividas por Phileas Fogg, un rico cabaleiro londiniense, e o seu espontáneo mordomo, Picaporte, ao tratar de cumprir a aposta de dar a volta ao mundo, como indica o título do libro, en 80 días. A historia servirá de fío condutor do taller, no que os nenos aprenderán a fabricar un barco e un tren utilizando materiais como oveiras ou la. A continuación, coñecerán diferentes xogos doutras partes do mundo como o kudoka (Zimbabwe), tira seis (México) e Alla frutta (Italia).
O sábado 24, os nenos acompañarán ao profesor Lindebrock e ao seu sobriño Axel na súa Viaxe ao fondo da Terra (1864) e aprenderán curiosidades sobre o globo terráqueo e o seu habitantes, crearán coa súa propias mans simpáticos dinosauros ou un volcán, e xogarán a relevos con carretas.
Cinco semanas en globo (1863) será o último título de Verne que se abordarán no taller do próximo sábado 31, e que brindará aos pequenos a oportunidade de internarse nos misterios do continente africano. Os nenos divertiranse fabricando un globo aerostático e xogando á viaxe en globo.
Os talleres desenvolveranse na Sala de Xogos da 2ª Planta, de 17:00 h. a 20:00 h.











