A LII edición da Festa do Pulpo do Carballiño preséntase en Fitur

Presentación en Fitur da Festa do Pulpo do Carballiño
O Carballiño presentou a súa LII edición da Festa do Pulpo en Fitur 2015. O alcalde carballiñés foi o encargado de facer esta presentación, ante a prensa acreditada e numerosos profesionais do turismo que se deu cita nese acto, que tivo lugar no posto de Galicia, e para o que estivo acompañado pola tenente alcalde da Coruña, Luisa Cid, e a Dirtectora xeral da axencia para o Turismo de Galicia, Nava Castro.
Durante a presentación mostrouse pro primeira vez o novo cartel realizado por Xesus Carballido, para esta ecdición. Nos seus discursos o alcalde recordou que O Carballiño tiña unha débeda coa Coruña para dedicarlle esta festa “coa intención de ter moita presenza da festa do polbo na Coruña durante este ano, e da coruña no Carballiño”. Pola súa banda a edil herculina agradeceu esta dedicación, asegurando que farán todo o posible para estar á altura doutras cidades que xa recibiron tal distinción.
Pechou o acto Nava Castro, recordando que “o polbo é o mellor embaixador de Galicia, e o mellor polbo tómase no Carballiño”.











