publicidade hoxe

A licitación das obras de rehabilitación da antiga unitaria do Empedrón como escola infantil serán este mes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Tras a sinatura do convenio de colaboración entre a conselleira de Benestar e Traballo, Beatriz Mato, e o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, o Concello sacará a licitación de inmediato as obras de acondicionamento do inmoble da antiga escola unitaria do Empedrón, onde se ubicará o novo servizo. Así, as estimacións do rexidor pasan porque ese proceso se abra ao longo deste mesmo mes de xaneiro. E é que Ignacio Cabezón asegura que esta é a día de hoxe unha das prioridades do equipo de goberno.

Por iso, os servizos técnicos e xurídicos traballan contra reloxo na redacción dos pregos que rexirán o proceso. En todo caso, trataráse dun concurso aberto no que se espera que se presenten un gran número de empresas. En paralelo, Cabezón Lorenzo avanza que tamén se sacará a licitación á xestión.

A pretensión é que, ao tratarse dunha escola municipal pero de xestión privada, inicie a súa actividade tan pronto vaian concluíndo os procesos administrativos, sen necesidade de ter que esperar ao mes de setembro. As obras de acondicionamento do inmoble están orzamentadas en 182.000 euros, que financiará ao 100% a Consellería de Traballo e Benestar con fondos procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e do Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). De cumplirse o calendario previsto, as obras de rehabilitación iniciaríanse no primeiro trimestre de ano. As citadas obras axustaránse ao proxecto elaborado no seu día polo Concello. Os nenos e nenas de Neda terán preferencia absoluta.

E, nesta liña, o alcalde sinala que a día de hoxe estímase unha demanda de entre 10 e 12 nenos e que as prazas previstas serán 41. Así mesmo, explicou que no seu momento estableceránse axudas e descontos en función tamén da situación económica das familias solicitantes.

5 de xaneiro de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.