A Fundación de Deportes volverá a revisar o campo da Lomba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A presidenta da Fundación de Deportes, Elena Suárez, xunto cos técnicos do Concello e a empresa encargada do mantemento do campo de fútbol da Lomba realizarán mañá unha visita ao estadio para coñecer de primeira man a situación da instalación e adoptar, de ser o caso, as medidas que se consideren oportunas para mellorar as súas características. Neste sentido, dende o organismo municipal encargado da política deportiva municipal lémbrase que neste pasado Nadal se realizaron intervencións de areado, resembrado e reposición de tepe, de acordo co pactado previamente entre todas as partes implicadas: Fundación, técnicos e clubes deportivos. Nesas labores participaron tamén os técnicos da Deputación de Pontevedra.

Ata o de agora non se recibiu ningunha queixa por esas actuacións e tampouco as condicións meteorolóxicas foron tan malas como para un tan rápido deterioro do campo, que ao parecer –pois, como se di, non consta na Fundación- foi obxecto de críticas por parte de técnicos e directivos. Con todo, o Concello revisará de novo o campo e adoptará as medidas que se consideren oportunas, de acordo –de novo- con todas as partes implicadas, pois o seu único obxectivo é que o estadio da Lomba presente as mellores condicións para a práctica deportiva.

27 de xaneiro de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.