A exposición Visións de Lugo inaugúrase o 7 de decembro no Museo Interactivo da Historia de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, organiza unha nova exposición que se inaugura este próximo mércores 7 de xaneiro ás 19 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Trátase da exposición Visións de Lugo 2001-2014 e está composto polos cadros premiados no certame de Pintura Rápida ao Aire Libre de Lugo.

Será a primeira vez que se reúnen todas as obras gañadoras do certame que se atopan distribuídas por diferentes instalacións do Concello e que formarán parte dun percorrido ao longo de catorce anos que ilustran a cidade dende diferentes puntos de vista.

Todas elas presentan matices moi diferenciados tanto en técnica como en estilo pero todas teñen como nexo común a rapidez de execución e os diferentes espazos da cidade de Lugo. Un agasallo para a vista e para a imaxinación.

5 de xaneiro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.