publicidade hoxe

A exposición fotográfica sobre o proxecto «Entre nós» trasládase á Fábrica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A exposición fotográfica composta polas imaxes do proxecto «Entre nós» trasládase mañá á Fábrica onde permanecerá ata finais do próximo mes de febreiro. A mostra organizada polo Concello de Oleiros é o resultado dunha iniciativa na que participan doce rapaces de etnia xitana pertencentes aos poboados das Rañas e A Pasaxe.

O proxecto está dirixido polo fotógrafo Gabriel Tizón e promovido pola ONG Arquitectos sen Fronteiras. Esta interesante exposición consta de corenta e oito fotografías de gran formato realizadas polos alumnos e alumnas do proxecto. As imaxes que se expoñen amosan a realidade da sociedade vista por estes mozos e mozas.

20 de xaneiro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.