A Eurocidade Chaves-Verín conságrase como a primeira oferta turística transfronteiriza da Península Ibérica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Presentación da Eurocidade en Fitur

Presentación da Eurocidade en Fitur

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañou na tarde de onte ao director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o vicepresidente da Câmara Municipal de Chaves, Carlos Penas, na presentación en FITUR de “Visit Chaves-Verín. Eurocidade da Auga” como o primeiro destino transfronteirizo da Península Ibérica.

Esta presentación en FITUR (Feira Internacional de Turismo de Madrid. Recinto Feiral Juan Carlos I de Madrid) tivo permitiu amosar a Chaves e Verín como un destino biosaludable en torno á auga mineromedicinal e termal, que tamén está conformado por un territorio de impresionante natureza, incomparable legado histórico, cultural, e de extraordinaria riqueza gastronómica.

“Hai xa uns anos, dende ao Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves sentíamos a necesidade de buscar fórmulas de colaboración e de aproveitar a oportunidade que a apertura das fronteiras e o espazo comunitario nos brindaban”, subliñou Juan Manuel Jiménez Morán. Por este motivo, iniciouse unha política de colaboración e integración de competencias en ámbitos tan diversos como cultura, deporte, economía e tamén turismo, que se concreta nun destino único coa suma de activos dos dous territorios municipais (integrando tamén a localidade de Vidago, cunha longa traxectoria e prestixio no sector termal). Un destino de fronteira definido polos seus contrastes etnográficos, culturais, gastronómicos e paisaxísticos, nos que o turista pode vivir unha experiencia de 25 horas ao día (debido ao cambio horario); pero sobre todo, é un destino de auga, onde existe a maior concentración de mananciais de augas termais e mineiro-medicinais da Península Ibérica, recursos que constitúen unha importante fonte de oportunidades para recibir a clasificación de Destino Turístico Termal e así desenvolver unha área de excelencia turística centrada na saúde e no benestar.

Durante a xornada de onte presentouse a última novidade posta en funcionamento no destino Chaves-Verín: “A Rede de Rutas”, integrada pola Ruta Termal e da Auga, rutas BTT, Ecovía del Támega o río Támega conta coas declaracións de LIC e ZEPA da Rede Natura 200), Ruta do Contrabando e O Camiño de Santiago (Camiño Sueste-Vía da Prata e unión co Camiño Portugués de Interior).

“Tanto Chaves coma Verín foron historicamente municipios vinculados ás augas termais e mineromedicinais. Agora, integrados ambos os dous nun mesmo destino podemos dicir, sen caer na esaxeración, que somos unha das maiores concentracións de augas termais e mineromedicinais de Europa, que conta ademais dos balnearios, termas e augas mineromedicinales, coa concentración de plantas envasadoras de augas con marcas líder do mercado como Cabreiroá, Sousas, Vidago, Campilho ou Fontenova”, resaltou o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín.

Estas augas foron utilizadas historicamente pola poboación local, así como polos foráneos, dando lugar ao fenómeno agüista que tivo un grande auxe durante o século pasado. Destes acuíferos mana unha auga de calidade inigualable, que é recoñecida grazas ao seu aproveitamento actual, tanto para o seu consumo embotellada ou para tratamentos no corpo. Mentres que no municipio Verín, os mananciais máis emblemáticos son Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fonte do Sapo e Caldeliñas; no territorio luso sono Campilho, Vidago e as Termas de Chaves-Spa do Imperador. “A presenza e a puxanza do termalismo é tal no noso destino que o ritmo de concreción de novas instalacións termais é frenético: a renovación íntegra do complexo termal de Chaves: o Termas & SPA de Chaves a punto de reabrir as súas portas despois de algo máis dun ano de reformas, a próxima concreción do Hotel Escola Termal de Verín ou o novo centro termal de Vidago, cuxas obras se encontran nunha avanzada fase de execución”, destacou.

Con todo, o termalismo e o consumo de aguas mineromedicinais non son os únicos recursos da “A Rede de Rutas”. A mesma tamén oferta ao turista a posilibidade de practicar sendeirismo bicicleta de montaña por escenarios naturais característicos do sur galego e norte luso, así como revivir os sentimentos dos contrabandistas ao cruzar a denominada “raia” ou fronteira, ou seguir avanzando na súa peregrinación cara á capital galega emulando os pasos de Santiago Apóstol. “Apartado a destacar é a grande importancia que supón a enogastronomía ao destino Chaves-Verín. Tradúcese na especialización da restauración local en produtos autóctonos e diferenciadores, o lanzamento dunha nova xeración de marcas comerciais de augas lideradas por Vidago e Cabreiroá, e o auxe dos viños da Denominación de Orixe Monterrei, que grazas á súa cultivada calidade están a lograr recoñecementos nacionais e internacionais”, resaltou o rexedor, “e como, non recordar os nosos dous grandes momentos festivos, O Entroido e a Feira dos Santos, ou a calidade da nosa oferta hoteleira e da nosa restauración que inclúe un hotel de cinco estrelas gran lujo, Vidago Palace, establecementos de catro estrelas, Parador de Turismo, e un amplía oferta en tres estrelas ou a existencia do campo de golf denominado Golf Course”

A toda esta oferta de novidades do destino Chaves-Verín, hai que sumarlle o proxecto ‘Chaves-Verín Smart Destination’, que pretende dar un xiro á forma tradicional de xestión dos recursos turísticos deste territorio, mediante una plataforma que permita a profesionais e empresarios do sector editar información e xerar eventos asociados. “Todo iso con dous fins: facer do turismo unha fonte de progreso e benestar para os nosos habitantes e ofrecer aos nosos visitantes un destino atractivo, cómodo e seguro que lles achegue novidade, repouso e benestar”, concluíu Jiménez Morán.

30 de xaneiro de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.