A Escola Municipal de Atletismo mira cara o provincial do XOGADE de campo a través

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O próximo sábado, na praia da punta de Cesantes, en Redondela; dispútase o Campionato Provincial XOGADE de campo a través, que organiza a Secretaría Xeral Para O Deporte e á que acode a Sociedade Ximnástica de Pontevedra, cunha expedición de record.

Os atletas da Escola Municipal de Atletismo, terán representantes en todas as categorías a disputar, dende os benxamíns, que comezarán ás once menos cuarto da mañá, ata os cadetes, cuxa última carreira será á unha do mediodía.

Unha cifra de record para a Ximnástica con 44 atletas, que son os que se clasificaron para a cita estrela do programa XOGADE, que reunirá aproximadamente un millar de atletas de toda a provincia.

Ao día seguinte, domingo, os futuros atletas terán tamén actividade, en Vilagarcía de Arousa celébrase o Trofeo Cefrico de Atletismo. Será a última oportunidade para conseguir a marca de clasificación para o galego de pista cuberta das categorías pequenas (infantil, alevín e benxamín) e veremos algúns atletas da Escola competindo.

Tamén o domingo se celebra a carreira pedestre popular de San Blas. A partir das once e media da mañá, comezarán con distancias para os máis novos.

28 de xaneiro de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.