A Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica brillou na Coruña con dúas medallas

Equipo da Sociedade Ximnástica
Brillante papel o realizado polos equipos infantil masculino e alevín feminina da Sociedade Ximnástica, pertencentes á Escola Municipal de Atletismo que patrocina o Instituto Municipal de Deportes, na Final da Liga Escolar Galega Federada, que se celebrou esta mañá no Pazo de Deportes de Riazor, cunha ampla participación de equipos procedentes de toda Galicia.
Os infantís rubricaron unha grande actuación levándose a vitoria no cómputo das 10 probas disputadas e asinando un triunfo parcial na última proba da competición, o relevo.
As rapazas alevín tampouco o fixeron mal, cunha magnífica segunda posición, da que se vangloriaron os seus adestradores, que estiveron a acompañalas durante a competición.











