A Domus acolle un taller de creación de dispositivos electrónicos sonoros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura, informa de que a Domus celebra a próxima semana, o martes 3 de febreiro, un taller de creación de dispositivos electrónicos sonoros.

Este novo taller estará dirixido por Mateo Mena, músico, compositor e maker (http://thehypercubes.com/), coa música e o “do it yourself” como protagonistas. A actividade está dirixida a mozos de 14 a 18 anos e para participar é necesario inscribirse – enviando o nome, idade e número de teléfono – á dirección de correo electrónico domus@casaciencias.org a partir de mañá, mércores 28 de xaneiro, ás 09.00 horas.

O taller celebrarase na Domus o 3 de febreiro de 16.30 a 19.00 horas e ten un custo de 1 euro. Para máis información, no teléfono 981 189 840 e en domus@casaciencias.org.

27 de xaneiro de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.