publicidade hoxe

A Deputación formaliza unha achega de 90.700 euros ao Concello de Brión para o arranxo de camiños municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBrión
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

A Deputación da Coruña achegará 90.678,85 euros ao Concello de Brión para que repare e manteña camiños interiores e pistas entre distintos núcleos do municipio.

O titular provincial asinou esta mesma mañá o acordo de colaboración co alcalde, José Luis García García. A través deste convenio o concello poderá destinar estes fondos a obras de mellora dos seus viarios municipais co obxectivo de ter un mellor acceso a distintos núcleos de poboación.

Segundo o alcalde, trátase de camiños moi utilizados polos veciños e veciñas que cos temporais do ano pasado e sumando este segundo inverno estaban en un estado deficiente para a circulación. Con esta renovación, asumida en solitario pola Deputación, facilitarase o acceso ao tráfico rodado e garantirá un bo estado dos viarios uns seis anos máis.

Nas pistas de Chave de Ponte, A Telleira, Guisande, Pérros, Lamiño e Vioxo de Abaixo vaise realizar un tratamento superficial, mentres que no camiño de entrada á aldea de Gándara (Bastavales) se prevé nivelar o terreo e pavimentar con triplo rego asfáltico

9 de xaneiro de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.