A Deputación de Pontevedra adxudícalle definitivamente a Pérez Portela S. L. a urbanización da estrada Cangas-Coiro-Magdalena
A Deputación de Pontevedra adxudicoulle hoxe, definitivamente, á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela S. L. a obra de urbanización da estrada Cangas-Coiro-Magdalena, desde o quilómetro 0,7 ó 2,1, por 1.027.389 euros e cun prazo de execución de oito meses.
A empresa adxudicataria ofertou melloras valoradas en 129.525 euros. A adxudicación definitiva do traballo tivo lugar na Xunta de Goberno de hoxe, unha vez que Pérez Portela S. L. achegou a documentación precisa e depositou a fianza constituída.











