A Deputación de Lugo inicia un proceso de selección de funcionarios interinos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Deputación vén de publicar na súa web,www.deputacionlugo.gal, e no Taboleiro de Anuncios da entidade, as bases que rexerán a selección de persoal con carácter temporal, 13 postos de traballo en concreto, que prestará servizos para a execución un dos plans de emprego da Deputación, o Ben Empregado!, con carácter funcionarios interinos segundo o artigo 10.1.c do Estatuto Básico do Empregado Público-EBEP (execución de programas de carácter temporal), que prestarán servizos durante 15 meses.

O sistema de selección será o de concurso, cunha fase de valoración de méritos que os aspirantes deberán acreditar documentalmente e da que se encargará unha comisión composta por técnicos das Áreas de Emprego e Recursos Humanos. Os interesados deberán acreditar documentalmente os méritos que aporten, debendo adxuntar, ademais, un proxecto propio no que detallen algunha iniciativa de fomento e creación de emprego, fixación de poboación no rural ou calquera outra que abarque actividades encadradas dentro de Área de Emprego, Economía Sostible e Demografía. A selección tamén incluirá unha entrevista curricular.

Os aspirantes deberán presentar toda a documentación detallada nas citadas bases, acompañada do modelo oficial de solicitude, que poderá descargar en www.deputacionlugo.com ou obter directamente no Negociado de Selección, Promoción e Carreira, no Rexistro Xeral da entidade nun prazo de 10 días naturais contados dende o día seguinte á publicación das bases.

27 de xaneiro de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.