A Deputación de Lugo colaborará na mellora do patrimonio relixioso da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un convenio a desenvolver coas Dioceses de Mondoñedo-Ferrol e a de Lugo por un importe de 306.000 euros para mellorar o patrimonio relixioso da provincia.

O voceiro socialista do bipartito provincial, Manuel Martínez, informou en rolda de prensa que o que se busca co convenio é “mellorar o patrimonio relixioso da provincia de Lugo”, para o que se actuará en igrexas e parroquias.

Á súa vez acordouse destinar 235.000 euros para concluír as obras da estrada que une o Marco de Alvare con Riotorto, dende a estrada nacional 640. Este investimento, despois de máis de millón e medio en expropiacións de douscentos terreos, chega tras as últimas “dificultades” advertidas nas obras que acomete o goberno provincial.

Con iso, Martínez estima que en dous meses se podería volver circular “con normalidade” por esta zona. Anunciou o inicio dos traballos para o próximo 7 de xaneiro e o remate dous meses despois.

Pola súa banda, o voceiro do BNG do goberno provincial, Mario Outeiro, avanzou un investimento de 50.000 euros da área de Cultura que xestionan os nacionalistas, para o acondicionamento do “contorno” do Pazo dos Valcárcel no Concello do Corgo.

2 de xaneiro de 2015 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.