publicidade hoxe

A Deputación adxudicou o ensanche e mellora da seguridade viaria na EP Gondomar-Chaín-Gondomar en 550.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe á empresa Construcciones y Proyectos Abilleira, por 550.000 € e cun prazo de execución de 4 meses, a obra de ensanche e mellora da seguridade viaria na estrada provincial Gondomar-Chaín-Gondomar.

Ó concurso presentáronse 17 empresas. As actuacións adxudicadas consistirán na limpeza e roce de marxes, o ensanche da estrada, a creación dunha senda peonil, a canalización de pluviais e a sinalización. A estrada presenta escasa visibilidade en gran parte do trazado.

O traballo implicará, entre outras cousas, demoler un muro e un galpón.

9 de xaneiro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.