publicidade hoxe

A depuradora de Corneira entrará en funcionamento nas vindeiras semanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

Unha vez rematado o proxecto da Estación Depuradora de Aguas Residuais (EDAR) da parroquia de Corneira, na beira do río Barcala e no Concello da Baña, a nova infraestuctura comenzará a funcionar nas próximas semanas e antes de que remate o mes de xaneiro. Durante os últimos días procedeuse a realizar as probas de funcionamento da nova EDAR. O alcalde do Concello da Baña, Andrés García Cardeso, confirmou que a nova infraestructura está verificada e que comenzará a funcionar “a partir da metades do mes de xaneiro”. A estación depuradora atenderá a unha poboación dunhas 500 persoas. Ademáis da EDAR, o proxecto contemplou a execución de casi 2.200 metros de colectores de PVC para dar servicio a todo o núcleo de Corneira, Lugar Grande e Outeiro. A conexión tamén chegará, nunha segunda fase, a núcleos de poboación como  Vilar de Cerdeiras, Vilanova, Agramaior e Ferraces.

Augas de Galicia adxudicou o proxecto no 2010 a Construcciones Mon. A empresa adxudicataria entrou en concurso de acreedores cando xa tiña executado o 70% da EDAR e instalada a rede de colectores. A obra sufriu un parón ata que o proxecto foi adxudicado de novo por Augas de Galicia a unha nova empresa (Agra Castro), que agora xa rematou. Os verificacións xa están feitas e o funcionamento da depuradora, xa conectada á rede de saneamento é inminente.

2 de xaneiro de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.