publicidade hoxe

A D.O. Ribeiro xunto a quince dos seus viños desembarcan en Porto Rico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorOurenseRibadavia
A-
A+

O C.R.D.O. Ribeiro acompañado polas adegas Alanís, Casal de Armán, Terreo Viñoa, Ramón do Casar e Viña Costeira desembarcaron de novo en Porto Rico, un dos países máis importantes en consumo de viño do mundo, para presentarse no Festival do Viño, Cava, Gastronomía e Aceite español, organizado pola Cámara de Comercio de España en Porto Rico.

O evento, que celebrou a súa 18ª edición no Museo de Arte de Porto Rico, celebrouse o sábado, 24 de xaneiro, en horario de 18.00 a 23.00 horas, e asistiron máis dun millar de persoas, entre os que se encontraban importadores, distribuidores, restauración, medios de comunicación, sumilleres, amantes do viño… Nel, a D.O. Ribeiro, representada por máis de 15 viños, mostrouse nun espazo diáfano e compartido polas empresas, onde o público puido coñecer de primeira man os seus viños elaborados con variedades autóctonas da zona, como a Treixadura, Godello, Albariño, Loureira, Lado… presentados tanto en composicións dunha única variedade de uva como en forma de plurivarietais. Estes viños, descoñecidos polo momento para moitos, chamaron a atención debido á súa diferenciación e autenticidade.

Esta é a segunda acción marcada no plan estratéxico da D.O. Ribeiro para afianzar negocio para as adegas da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, que a maiores da participación no evento, continuaba coas visitas e ceas maridaxe entre as adegas e os seus contactos profesionais coñecidos nas xornadas de showroms realizadas no pasado mes de novembro no hotel San Juan Beach, onde se relacionaron estreitamente cos 22 importadores de maior relevancia da illa.

Reunións institucionais

Paralelamente, o Presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez, e o Xerente do mesmo organismo, Roberto Goñi Petit, foron recibidos polo Cónsul Xeral de España en Porto Rico, Tomás Rodríguez-Pantoja co fin de presentarlle o Plan Estratéxico a tres anos da D.O: Ribeiro a desenvolver en Puerto Rico e outros países próximos ao ámbito do Caribe como México, Estados Unidos…

27 de xaneiro de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.