publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A compañía de teatro BocAberta interpretará Express Arte no Salón de Actos do Concello de Castrelo do Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaCastrelo de Miño
A-
A+

O sábado 24 de xaneiro no Salón de Actos do Concello de Castrelo de Miño, ás 19:30 horas. Apto para maiores de 12 anos.

Express Arte é o espectáculo total: Clásico, moderno, medieval e contemporáneo. Pero sobre todo e ante todo… un espectáculo. Un percorrido express a través de todas as arte, unha viaxe cara a súa expresión.

Marco e Paola Gambini son dous artistas con posturas encontradas no que á concepción da arte se refire pero con un obxectivo común: a procura da expresión. Ancorados esteticamente nos anos oitenta e con aires de orquestra desfasada, esta parella artística fará un percorrido en clave de humor a través da arquitectura, a escultura, a pintura, a música, a poesía, a danza, a fotografía e a cinematografía. 

Un espectáculo no que a Muralla de Lugo e o Acueduto de Burgos (que non de Segovia) conversan sobre as súas vidas ou no que dous vaqueiros do Oeste fan a súa particular versión do filme ?O bo, o feo e o malo?. Estas son só algunhas das escenas que compoñen Express Arte, unha peza fresca e divertida: unha astracanada creada exclusivamente para que vostede a desfrute.

23 de xaneiro de 2015 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.