publicidade hoxe

A comisión de Moexmu traballa na organización das novas edicións que se celebrarán en abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A comisión organizadora da XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, leva traballando dende o pasado mes de xullo na organización das edicións que terán lugar entre o venres 10 e o domingo 12 de abril do 2.015, son:

– XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu
– XXIX Concurso de Gando Frisón
– XXIX Exposición da Gando de Raza Rubia Galega
– XVIII Subasta de Gando Selecto.

Pola súa parte, a XXIV edición da Festa de Filloa, celebrarase, coma sempre, o primeiro de maio, este ano venres. Ten a consideración de Festa de Interese Turístico de Galicia dende o 20 de febreiro do 2.008, concedido por parte da Xunta de Galicia á proposta da Consellería de Innovación e Industria.

Comeza a sexta rotación das comisións. A Comisión Organizadora deste ano, a compoñen os seguintes empresarios:

–  Manuel Seijas Vázquez – que será por sexta vez o presidente desta comisión, e convértese no empresario que máis veces presidiu a MOEXMU.

–  Carlos García Teijeiro – que xunto ao presidente, son os únicos que se manteñen dende os inicios desta comisión no ano 1.989

–  Carmen Goas Cordal – nova incorporación

–  Manuel Lamas Novo – a segunda vez que a organiza

–  Julio Pacio Fernández – que se incorporou a esta comisión na edición do ano 1.999

–  José Seoane Debasa – nova incorporación

Manuel Seijas e Carlos García igualan a Avelino García Parga nas personas que máis veces organizaron a MOEXMU, seis veces cada unha deles.

Esta comisión organizadora, levou as rendas das edicións dos anos: 1.989, 1.994, 1.999, 2.004, 2.009 e neste ano 2.015.

O coordinador, seguirá a ser, José Manuel Rus Rodríguez.

O vindeiro 17 de xaneiro, manterase a xa tradicional reunión anual coa comisión de gandeiros e Africor Lugo para ir tratando asuntos sobre o concurso, exposición e subasta de gando selecto, á cal tamén asistirán representantes do Concello de Cospeito, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

11 de xaneiro de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.