A CIG denuncia un novo colapso nas urxencias do Meixoeiro
CIG-Saúde denunciou este mércores un novo “colapso” do servizo de Urxencias do Hospital Meixoeiro de Vigo debido ao “peche de camas e redución de persoal”, e alertou de que “os enfermos esperan nos corredores mentres permanecen pechadas 25 camas e o persoal sofre unha redución de máis do 50 por cento”.
Segundo o sindicato nacionalista, tanto neste hospital coma no Hospital Xeral (onde hai 25 camas pechadas e segue “bloqueado” o quinto piso) acumuláronse, nas últimas horas, ata 60 pacientes esperando por atención médica nos corredores e nos boxes de urxencias.
Por outra parte, criticaron o baixo nivel de persoal, que non só atribúen á baixada de actividade cirúrxica programada, senón á política da Xerencia “de non substituír o persoal, utilizando as plantas pechadas para cubrir ausencias noutros servizos,”.











