publicidade hoxe

A Cañiza comeza o ano emprendendo novas accións formativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Dando prioridade á formación, axudando a preparar os temarios para superar as probas de obtención do título da ESO e preparando aos alumnos para a obtención do certificado de lingua galega CELGA nos 4 niveis. Estas son as ofertas formativas de nivel básico, pero ademáis están en marcha outros cursos orientados á formación profesional con clases de inglés, alfabetización ofimática e informática avanzada que se imparten na casa de cultura en horarios adaptados ás necesidades dos nosos veciños.

Por outra banda o Concello tamén oferta outros cursos pensados para disfrutar e entreterse como é o caso dos cursos de teatro, actividade gratuita que este ano tamén acolle aos nenos de infantil e dos ciclos de primaria e secundaria dos centros escolares da Vila. A oferta completase coa impartición de cursiños máis específicos como o de costura e patronaxe e linguaxe de signos, este último organizado pola Federación de Asociacións de persoas xordas de Galicia e que está, nestes momentos, en período de preinscripción.

Unha amplia variedade formativa organizada a través da Concellería de Cultura que se ve reforzada cos cursos específicos da Deputación de Pontevedra a través dos programas “Pensa en ti”,”Ti tamén Contas” e “Actívate”.

Ademais A Cañiza conta dende hai seis meses cunha Escola de Música Moderna para adultos e nenos que imparte as súas clases de luns a venres na Casa de Cultura en horario de tarde coas especialidades instrumentais de batería, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, piano e teclados. A escola está dividida en dúas áreas diferenciadas en Escola Infantil de Música, que traballa con nen@s a partir de 3 anos mediante cancións infantís para aprender a técnica vocal, respiración, proxección de voz, entoación de distintos intervalos, coordinación e psicomotricidade. E a Escola de Música Moderna. Nesta escola pódese estudar e gozar da música mediante distintos sistemas de estudos, Dende os sistemas máis profesionais que completan a formación como músico e instrumentista de xeito progresivo, ata sistemas máis libres onde o alumno-a pode impoñer o seu ritmo de traballo e escoller as materias que desexe estudar.

Para ampliar información sobre as datas de celebración de cada un destes cursos, horarios, temarios e prezos, os interesados poden dirixirse á oficina de información xuvenil no primeiro andar da Casa de Cultura ou á Biblioteca Municipal.  

26 de xaneiro de 2015 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.