A Cañiza celebra o Entroido o 15 e 16 de febreiro
O entroido comeza en A Cañiza o domingo 15 de febreiro coa celebración do tradicional concurso de comparsas que se ven celebrando na nosa localidade dende hai máis de 15 anos e que está consolidado por méritos propios como un dos mellores da comarca polo alto número de participantes e a calidade dos disfraces así como a posta en escea e representación de cada comparsa que cada ano traballa con máis folgos e humor para conseguir o primeiro premio.
As bases para poder participar neste concurso pódense consultar na páxina web do Concello www.caniza.org e os interesados poden inscribirse na Biblioteca Municipal de A Cañiza. O formulario de inscrición tamén se pode baixar da páxina web.
Como en anos anteriores e si o tempo acompaña, as comparsas sairán ás 16:30 horas da Carballeira do Cacharado, desfilando polas rúas da vila ata chegar ao pavillón de deportes de A Cañiza, na rúa Carballo do Marco, onde se desenvolverá o concurso.
O certame conta con dúas categorías: infantil, no que poderán concursar nen@s ata os 14 anos incluidos e adulto, a partires dos 15 anos. Para acadar a categoría de comparsa deben participar un mínimo de 5 persoas.
O Concurso está dotado cunha cuantía en premios de 2.000 €uros, repartidos en 3 premios para cada categoría.
1º premio: 500 €uros
2º premio: 300 €uros
3º premio: 200 €uros
LUNS, 16 de febreiro. Festa infantil na Casa de Cultura.
O luns, 16 de febreiro os pequenos contarán coa súa particular festa de entroido. Nesta ocasión na Casa de Cultura, a partires das 17:00 horas, con música, merenda e moita diversión. Ademáis poderán exhibir os seus disfraces na pasarela, aínda que non haberá concurso porque nesta ocasión todos os pequenos son os gañadores.