A Biblioteca Municipal de Monforte estará pechada esta tarde
A Biblioteca Municipal só abrirá en horario de mañá no día de hoxe, 5 de xaneiro, permanecendo pechada pola tarde e recuperando o seu horario habitual a partir do día 7 de xaneiro.
Dende a concellería de Educación e Cultura pídense desculpas polas molestias que puideran ocasionarse.











