A Biblioteca de Verín rexistrou máis de 350 socios novos no ano 2014
A Biblioteca Pública Municipal de Verín conta na actualidade con 2.905 socios/as dos que 368 se sumaron a este servizo municipal ao longo do 2014 (datos desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro do 2014). Unha cifra á que debe engadirse o número de préstamos totais realizados durante todo o ano, que foron 5120, moi similar ao do ano 2013.
Entre os libros máis prestados atópanse: Dispara, yo ya estoy muerto, La isla de las mil fuentes, El grito de la tierra, Misión olvido, Memento Mori, Palmeras en la nieve, El canto del cuco, El jardín de bronce, La citaou La bahía de la luna verde, entre outros.Por outra banda, a Biblioteca Pública Municipal de Verín, no marco da Programa de Voluntariado Cultural e Fomento á Lectura, realizou durante o pasado ano un total de 63 actividades para nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos -coordinadas por voluntarios/ as de 11 a 16 anos-, é dicir, doce máis que no 2013. Desde o ano 2006 ata a data, a Biblioteca de Verín programou un total de 316 actividades de fomento á lectura para os/as menores da localidade.
Entre as mesmas atópanse contacontos (cun ciclo deles en inglés) e manualidades, cursos de informática (cesión de aula a entidades como Morea, Innova Emprego II Ourense 3.0 OU II Plan galego de Inclusión Social), relatorios, Club de Lectura, exposicións, presentacións de libros, visitas escolares, Bibliopiscina, BiblioRúa, convivencias de voluntarios/as, concursos, visionado de películas e charlas ou obradoiros. A realización de todas estas iniciativas permitiron a Biblioteca de Verín acadar, por sexto ano consecutivo Campaña de Animación á Lectura María Moliner, así como numerosos recoñecementos nacionais e internacionais de distintas organizacións como a Embaixada de Chile en España, Federación de Fútbol, Fundación Antena 3; ademais de ser nomeada como como Biblioteca Asociada pola UNESCO, asentándose no cumprimento de todos os principios de fomento da lectura, desenvolvemento da cultura, solidariedade-voluntariado e cooperación con distintas entidades, e lograr o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas no ano 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.











