A aula Cemit de Poio programa actividades de alfabetización dixital para o mes de febreiro
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Poio celebrará os seguintes cursos no mes de febreiro:
Do luns 2 ao xoves 5 de febreiro realizarase o curso “Iniciación ao procesador de texto LibreOffice Writer”.
O uso dun procesador de texto faise imprescindible no día a día, xa que en calquera momento podemos necesitar redactar un documento ou escribir un texto.
O usuario ao finalizar este curso será capaz de empregar o LibreOffice Writer para crear e modificar un documento de texto, darlle un formato básico, gardalo e imprimilo.
Requírese coñecementos básicos de ordenador. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
Do luns 9 ao mércores 11 de febreiro realizarase o curso “Iniciación ao manexo da cámara dixital fotográfica” co que se pretende que o usuario teña un coñecemento básico do manexo da cámara dixital de fotos. Explicaranse os conceptos básicos do uso da cámara de fotos dixital, os formatos de imaxe e as súas diferencias e como pasalas ao ordenador e organizalas.
Os requisitos son: ter cámara de fotografías dixital e o cable de datos. Recoméndase tamén dispor do manual da cámara por se é necesario consultalo. Tamén e preciso ter coñecementos básicos no manexo de ordenador. O horario será de 10:00 a 11:30 horas.
Do luns 9 ao xoves 12 de febreiro realizarase o curso “Procesador de texto LibreOffice Writer (Nivel Medio)”. O usuario ao finalizar o curso será capaz de aplicar formatos avanzados, modificar as propiedades do documento e traballar con táboas e elementos gráficos e coñecer máis en profundidade as ferramentas que máis se empregan no día a día.
Requírese coñecementos básicos de ordenador. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
Do luns 16 ao xoves 19 de febreiro realizarase o curso “Iniciación a folla de cálculo LibreOffice Calc”. As follas de cálculo son, xunto co procesador de texto, unha das aplicacións máis empregadas, xa que permiten crear documentos que realizan cálculos de xeito automático e permiten a súa impresión, polo que son moi utilizadas na contabilidade, facturación e almacén, polo que é preciso coñecer como funciona.
O usuario o finalizar este curso coñecerá o funcionamento e os conceptos básicos dunha folla de cálculo, poderá aplicar sinxelas fórmulas de cálculo, modificar unha folla de cálculo e crear documentos con varias follas, así como gardar e imprimir os resultados. Requírense coñecementos básicos de ordenador. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
Do luns 16 ao xoves 19 de febreiro realizarase o curso “Redes Sociais”. As redes sociais son actualmente as webs máis empregadas na Internet, o permitirnos relacionarnos con outras persoas e compartir as nosas experiencias cos demais. No curso veranse como publicar nos foros e blogs e nas redes Twitter e Skype.
O usuario coñecerá cada unha destas redes sociais e como empregalas, configurar o seu perfil, comunicarse con outros usuarios e publicar contidos. Requírense coñecementos básicos de ordenador. O horario será de 19:00 a 20:30 horas.
Do luns 23 ao mércores 25 de febreiro realizarase o curso “Escaneado de documentos e fotografías”. Neste curso aprenderase como traballa un escáner e como dixitalizar un documento ou unha foto.
O finalizar o curso o usuario saberá cales son os axustes que deberá aplicar o escanear un documento ou unha foto e segundo o tipo de soporte o que vaia destinado. Requírese coñecementos básicos de ordenador. O horario será de 10:00 a 11:30 horas.
Do luns 23 ao xoves 26 de febreiro realizarase o curso “Folla de cálculo LibreOffice Calc (Nivel Medio)”. Mediante este curso o usuario poderá facer uso das funcións avanzadas de cálculo de LibreOffice Calc, aplicar formatos condicionados, inserir gráficas ademais doutras posibilidades que ofrece esta aplicación de software libre.
Requírese coñecementos básicos de ordenador e do uso dalgunha folla de cálculo. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
Do luns 23 ao mércores 25 de febreiro realizarase o curso “Facebook”. Facebook é unha das redes sociais máis importantes da Internet, polo que é importante coñecer como funciona.
Ao finalizar o curso o usuario poderá crear unha conta de usuario en Facebook, configurar o seu perfil, comunicarse con outros usuarios de Facebook e publicar contidos na súa páxina. Requírense coñecementos básicos de ordenador. O horario será de 19:00 a 20:30 horas.
AULA ABERTA
A Aula Cemit de Poio funcionará en Aula Aberta nas seguintes datas e horarios, durante os cales calquera usuario que o desexe poderá facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula:
Luns 2 a mércores 4 de 10:00 a 12:30 horas
Luns 2 ao venres 6 de 19:00 a 20:30 horas
Luns 9 ao venres 13 de 19:00 a 20:30 horas.
Luns 16 ao mércores 18 de 10:00 a 12:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Poio sita en Carreiro do Campo, 17. Combarro. 36993 – Poio, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 986770001 (Ext. 321) ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.poio@xunta.es











