A APV asina un convenio con Down Vigo para promover a integración das persoas con minusvalidez intelectual

Sinatura do convenio
O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e o responsable da Asociación Down Vigo, Fernando Molina, asinaron esta mesma mañá un convenio de colaboración para promover a integración das persoas con minusvalidez intelectual.
O obxectivo deste convenio é facer posible que os membros do Servizo de Emprego con Apoio da Asociación Down Vigo poidan beneficiarse da realización de prácticas na Autoridade Portuaria de Vigo, co obxectivo de potenciar a súa integración na sociedade, facilitando a súa formación e a busca de emprego ou outros aspectos que faciliten a integración dos usuarios.
Para iso, a Autoridade Portuaria de Vigo facilitará, un ano máis, a realización de prácticas nas súas oficinas a un usuario desta Asociación que, nas próximas semanas, comezará o seu período de aprendizaxe no Departamento de Conserxaría do Porto de Vigo. Esta formación terá un período de duración de dous meses, prorrogable ata os seis.











