A adxudicataria da reforma do parque do Piñeiriño encargarase durante dous anos do seu mantemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A empresa Nemesio Ordóñez S.A. gañou o concurso convocado polo Concello para contratar a obra da Reforma e Acondicionamento do Parque do Piñeiriño”. A firma foi a que presentou a oferta máis económica e tamén a que ofrecía máis melloras, como que se compromete a realizar as labores de mantemento integral e conservación das zonas verdes durante 24 meses. As obras poderán comezar tan pronto como a adxudicataria asine o contrato.

A reforma do Parque do Piñeiriño foi adxudicada na última reunión da Xunta Local de Goberno por 89.878 euros, o que supón un aforro de 10.000 euros respecto ao prezo de licitación. Ademais do mantemento e conservación das zonas verdes durante dous anos, a adxudicataria incrementa o prazo de garantía da obra en 12 meses e asume o subministro de instalación de 16 proxectores led circulares para engadir á iluminación do parque.

O proxecto de Reforma e Acondicionamento do Parque do Piñeiriño foi elaborado polo Concello e financiarase a través dunha subvención da Deputación con cargo ao Plan Urxente de Mantemento dos Servizos e Infraestruturas Municipais do 2014. O Concello decidiu acometer esta actuación en vista do precario estado de conservación no que se atopa o parque, que segundo so técnicos, presenta serias deficiencias ademais de non reunir as condicións óptimas de seguridade e accesibilidade.

O proxecto a desenvolver consiste nunha intervención integrada co obxectivo de mellorar a calidade estética de toda a área e de harmonizar a súa relación co resto do tecido urbano. Para isto, adecuaranse as zonas verdes, aproveitando as árbores existentes, plantando novas especies e céspede. Tamén se incidirá na súa na súa funcionalidade e calidade ambiental, mellorando a conexión do xardín co barrio abrindo un novo acceso dende a esquina Noreste.

As actuacións que se levarán a cabo son a demolición da rampla de acceso actual e a realización dunha nova con pavimento de adoquín e granito, cunha pendente máis accesibles e unha boa capacidade de drenaxe e evacuación das augas pluviais.

Tamén se restaurarán e reforzarán os muros e as gradas da zona deportiva e ampliarase a zona infantil de xogos que se delimitará coa valla de madeira e pórtico de entrada e na cal se instalará solo de caucho. A zona infantil desprazase algo respecto ao seu actual emprazamento para permitir a ampliación e recolocaranse os xogos unha vez revisados e restaurados.

Os valados e celosías actuais, tanto metálicas como de madeira, serán restauradas, ao igual que o enreixado da pista deportiva. Acondicionaranse os bancos e gradas mediante a incorporación de carcasa exterior de polipropileno con respaldo.

Por último, acondicionarase todo o firme e os taludes do xardín mediante movementos de terras, formación de céspede e plantación de vexetación ornamental na zona norte da zona de xogos.

27 de xaneiro de 2015 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.