Xuventude promove o voluntariado medioambiental nos institutos de Vilagarcía e Carril
O venres, 5 de decembro, conmemórase o Día Internacional do Voluntariado e coincidindo con esta data Concellería de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude organiza unha xornada informativa en institutos do municipio co obxectivo de promover o voluntariado entre a mocidade. Este ano, as actividade céntranse no voluntariado medio ambiental, dado que a Xunta organiza accións deste tipo en Cortegada ao longo de todo o ano.
O departamento que dirixe Sandra García ofertou esta Xornada Medioambiental de Voluntariado aos catro institutos de Secundaria do municipio. O IES Castro Alobre e o IES Miguel Ángel Fernández Estévez xa confirmaron a súa participación polo que as actividades xa se programaron para o mesmo venres, 5D, en ámbolos dous centros. Técnicos da Dirección Xeral de Vountariado da Xunta serán os encargados de explicar aos mozos e mozas de 1ªda ESO en que consiste o voluntariado mediambiental, os beneficios do mesmo e as posibilidades que eles teñen para poñelo en práctica. Un dos programas que desenvolve a Dirección Xeral neste eido en Vilagarcía é o que se desenvolve varias veces ao ano en Cortegada, consistente en xornadas de limpeza da illa incluída no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
A xornada no IES de Carril desenvolverase na biblioteca entre as 9:50 e as 10:40 horas e nela participarán uns 80 alumnos. A actividade no Castro Alobre celebrarase entre as 9.20 e as 10.20 horas no salón de actos e asistirán 120 alumnos de 1º da ESO.
Os técnicos explicarán aos rapaces que é ser voluntario, que tipos de voluntariado existen, con maior atención ao medio ambiental, e tamén lles comentarán os dereitos e deberes das persoa voluntarias.











