publicidade hoxe

Xornadas de asesoramento para mellora da empregabilidade das mulleres en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O pasado día 4 de decembro publicouse no BOE nº 293 e no DOG nº 233 da Xunta de Galicia a convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. 

O Concello de Castrelo de Miño a través do Programa Aurora (en coordinación co Instituto da Muller), seguindo a súa tarefa de apoio e asesoramento na mellora da empregabilidade das mulleres do municipio, ofrecerá unha xornada de asesoramento no trámite para solicitar dito recoñecemento de competencias profesionais ás súas participantes o próximo luns día 15 de decembro ás 12h. no salón de actos do edificio do Concello.

12 de decembro de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.