Verín pecha a programación de Nadal
O Concello de Verín, coa colaboración da Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín (AEVER-CCU Verín), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Parroquia de Verín, organizan a seguinte programación cultural e festiva no municipio para as festas de Nadal:
– O Belén da Viruca (do 12 de decembro ao 11 de xaneiro, de 11 a 13 e de 17 a 20 horas). No Salón Parroquial. Con máis de 150 metros cadrados, este belén recolle acontecementos diarios do nacemento de Xesús. Escenas bíblicas e oficios tradicionais sucédense nun pesebre que nos últimos anos percorreu outras situacións como a Casa do Escudo (organiza Parroquia de Verín). A inauguración será o 12 de decembro, ás 18.30 horas, no Atrio e Salón Parroquial, e contará coa actuación do coro infantil do CEIP Amaro Refojo.
– Exposición ‘O Nadal nas Artes’ (do 19 de decembro ao 05 de xaneiro). Na Sala de Exposicións de Verín (de luns a sábado en horarios comprendidos entre as 10 e ás 14 e das 17 ás 19.30 horas). A Escola de Artes e Oficios de Verín organiza unha exposición monográfica na que presenta as obras creadas polo seu alumnado sobre este fecunda temática. Na mostra podemos ver obras realizadas en materiais diversos: papel, tea, cerámica ou madeira, por alumnado de idades e niveis formativos moi diversos, dende nenos de 6 anos que comezan a súa andaina no mundo das artes plásticas, ata traballos realizados por adolescentes e adultos con anos de formación.
– ‘Superhéroes’ (19 de decembro, ás 18 horas). Na Biblioteca Pública Municipal de Verín. Contacontos con Sarabela Teatro. Inscrición previa na instalación municipal (988-414776).
– Ludonadal (do 20 de decembro ao 07 de xaneiro). Ludoteca de Nadal do Concello de Verín e AEVER-CCU Verín. No centro infantil do CEIP Amaro Refojo.
– Concerto de Nadal (20 de decembro, ás 12 horas). Na Casa da Cultura de Verín. Actuación do alumnado do Conservatorio Elemental de Música de Verín, con repertorio clásico e de Nadal.
– Concerto para os nosos maiores (20 de decembro, ás 16 horas). Na Residencia de Anciáns Santa María. Concerto de temas clásico e popular do Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín.
– Gala IV Aniversario Candaira (20 de decembro, ás 20 horas). No Pavillón Municipal de Deportes. Cantos, músicas e danzas tradicionais das comarcas de Verín, A Limia e Conso-Frieiras ao vivo para celebrar catro anos de vida da Asociación Cultural Candaira (organizado pola Asociación Cultural Candaira).
– Chegada do Carteiro Real (26 de decembro, de 16.30 ás 19 horas). Na praza do Concello (en caso de inclemencias trasládase ao Pavillón Municipal de Deportes). Obradoiros de animación, inchables e xogos nunha xornada na que os/as máis pequenos/as poderán entregar, por sexto ano consecutivo, a súa carta ao emisario dos Reis Magos.
– Espectáculo Musical Show ‘Non temos medo’. (27 de decembro, ás 18 horas). No Pavillón Municipal de Deportes. Espectáculo con música e personaxes de animación para os/as nenos/as. Entrada donativo para Valeria de Dios, unha pequena verinense de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada, mediante a colocación dunha urna na entrada da instalación deportiva. O recadado será entregado para o tratamento de rehabilitación neurolóxica da menor.
– Cantos sacros e panxoliñas (28 de decembro, ás 10 horas). Na Residencia de Anciáns Santa María. Actuación do Coral de Verín. Conta coa colaboración da Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados.
– ‘Sueño de azúcar. Pinocho se despierta’ (29 de decembro, ás 18 horas).No Pavillón Municipal de Deportes. “Tras un día de moito trasfego, decide que xa é hora de irse a descansar, séntase nunha vella cadeira de madeira ata que se queda durmido, empezando a viaxar nun sono cheo de música e personaxes, onde as nosas tres doce fadas poñerán voz ao sono de ‘Pinocho’ coas súas cancións e compartirán esta viaxe onde todos somos os protagonistas ata chegar ao final máis esperado por un monicreque de madeira chamado ‘Pinocho’”.
– Torneo Interparroquial Solidario de Fútbol Sala (30 de decembro). No complexo deportivo de A Granxa. Competición deportiva de fútbol (organiza Parroquia de Verín).
– Cotillón Infantil de Noitevella (31 de decembro, a partir das 10 horas). No centro infantil do CEIP Amaro Refojo. Música de Nadal, doces, maquillaxe de festa e gominolas para os máis pequenos/as, e cando cheguen ás 12 horas, badaladas para os/as nenos/as e despedir o ano 2014.
– ‘Iopu Iei’ (02 de xaneiro, ás 18 horas).Na Biblioteca Pública Municipal de Verín.Contacontos con Sarabela Teatro. Inscrición previa na instalación municipal (988-414776).
– Musical ‘Show de los Muñecos’ (03 de xaneiro, ás 18 horas).No Pavillón Municipal de Deportes. Musical infantil con cancións de hoxe e de sempre no que o mestre de cerimonias será un zancudo-malabarista moi especial. Durante o espectáculo musical, AEVER-CCU Verín entregará o seu premio de 1.000 euros da promoción ‘Este Nadal Merca en Verín’. Nesta campaña, que conclúe o 02 de xaneiro, poden participar todas as persoas que compren ou consuman nos establecementos asociados a AEVER-CCU Verín (o consumidor debe entregar os cupóns nas oficinas de AEVER-CCU Verín).
– Cantos de aguinaldo (04 de xaneiro, ás 10 horas). Na Residencia de Anciáns Santa María, Actuación do Coral do Centro Sociocomunitario de Verín. Conta coa colaboración da Comunidad de Hermanitas de los Ancianos Desamparados e o Centro Sociocomunitario de Verín.
– ‘A cantar con María Fumaça’ (04 de xaneiro, ás 18 horas). Na Casa da Cultura. Actuación de Uxía cos músicos Santiago Cribeiro e Héctor Lorenzo.
– Cabalgata e Gala de Reis (05 de xaneiro). Visita dos Reis Magos á Residencia de Anciáns Santa María (16.15 horas). Cabalgata na que nenos/as disfrazados/as de pastor/a, anxos e estrelas acompañarán aos Reis Magos polas rúas de Verín, a partir das 18 horas, con saída da Casa do Escudo. Gala no Pavillón Municipal de Deportes, onde serán recibidos polo alcalde infantil e os seus concelleiros.
– XXI Concerto de Reis (06 de xaneiro, ás 20 horas). Na igrexa da Mercé de Verín. Organizado pola Asociación Verinense de Amigos da Música coa colaboración da Comunidade Mercedaria.
Por outra banda, na xornada de hoxe terá lugar o acendido oficial da iluminación de Nadal na localidade.











