Verín e AEVER ratifican o convenio ‘Ludonadal’ por sétimo ano consecutivo
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o concelleiro de Festexos, Víctor Manuel Baladrón Lamas, e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Rodicio Portela, ratificaron por sétimo ano consecutivo o convenio de colaboración ‘Ludonadal’.
Esta iniciativa, dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, ten por obxecto incentivar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.
‘Ludonadal’ realizarase no centro infantil do CEIP Amaro Refojo, do día 20 de decembro ata o 07 de xaneiro, de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Para poder acceder a esta actividade, na que varios/as monitores/as encargaranse da dinamización da mesma, será necesario entregar o ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER. Con todo, nesta nova edición mantense a posibilidade de poder acceder ao servizo de Ludonadal a través do abono do mesmo. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 20 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 10 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 5 euros (día completo) ou de 2,50 euros (medio día). A apertura do prazo de inscrición para participar no mesmo ábrese o día 09 de decembro e debe realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (situada Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776).











