Verín acolle o quinto ‘Cotillón Infantil de Noitevella’
Mañá, desde as 10 horas, o centro infantil do CEIP Amaro Refojo (R/Laureano Peláez) acollerá a celebración do ‘Cotillón Infantil’ para os/as menores da localidade, que se celebra por quinto ano consecutivo na mesma.
Esta iniciativa permitirá que os/as nenos/as participantes despidan o ano 2014 cunha alternativa de lecer diferente, que inclúe música de Nadal, animación, baile, photocall, maquillaxe de festa e doces. Ás 12 horas, os/as menores comerán doce gominolas para celebrar a súa particular entrada no ano 2015, ao ritmo das badaladas.
Por outra banda, ata o 05 de xaneiro a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ‘O Nadal nas Artes’, organizada pola Escola de Artes e Oficios de Verín, e con obras realizadas por arredor de 150 alumnos deste centro co Nadal como tema central. O Nadal nas Artes’ transmite unha visión plural da evocación natalicia nas artes plásticas, con obras feitas por persoas de idades comprendidas entre os 6 e os 80 anos. Tamén serve para dar a coñecer a liña pedagóxica da Escola de Artes e Oficios de Verín, xa que arredor do 75 % do alumnado implicouse activamente nesta mostra, nunha experiencia que cualifican como moi positiva, tanto o profesorado como o alumnado participante. Esta exposición poderá visitarse de luns a sábado das 10 ás 14 e das 17 ás 19.30 horas.











