Verín acolle a segunda edición do ‘Kero-Nadal’
A Escola de Familia do Concello de Verín reedita, por segundo ano consecutivo, a iniciativa de conciliación ‘Kero-Nadal’, destinada a menores con idades comprendidas entre os dous e cinco anos.
A mesma terá lugar os días 22, 23, 26, 29,30 de decembro e 02 de xaneiro no Pavillón Municipal de Deportes de Verín (R/Irmáns Moreno). Trátase dun espazo para facilitar a conciliación laboral e familiar nestas datas festivas de Nadal, que se desenvolverá de 11 a 13 horas, e no que os/as nenos/as participarán en actividades lúdico-educativas ambientadas no Nadal.
Para participar nesta iniciativa é necesario inscribrise no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Casa da Xuventude. Avda de Portugal 11, bis. Teléfono: 988-414776) ou na Escola de Familia Municipal (Rúa Rosalía de Castro 4. Teléfono: 988-411468).
Devandita iniciativa atópase enmarcada dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal na que tamén se inclúen outras actividades como ‘Kero-Informátika’, ‘Kero-Kolo’, ‘Kero-Kedar, ‘Kero-Kedar +’, Club da Calceta ‘Tecendo Soños’, ‘ABC de Costura’, ‘Arte de vestir’, ‘Sabedoría dos Recordos’, titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada, ‘Se queres, podes’ ou accións formativas de reforzo educativo entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.











