publicidade hoxe

Val do Dubra ofrece Talleres de Nadal para os máis cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra pon en marcha un ano máis os seus ‘Talleres de Nadal’, unha actividade durante o tempo de Nadal para os máis pequenos. Os obradoiros terán lugar o días 22, 23, 29 e 30 de decembro na Casa da Cultura de 10 a 13 horas. Están destinados a nenos e nenas de catro a 12 anos. Esta programación tamén ten coma obxectivo que os pais do Concello de Val do Dubra con nenos pequenos poidan conciliar a vida laboral coa vida familiar. Os nenos e nenas aproveitarán o tempo de lecer dende un punto de vista didáctico. As inscricións deberán facerse na sede do Concello (Omix) ou no Pavillón Municipal de Bembribre.

O día 22 os talleres estarán adicados ás ‘Artes plásticas, manuais e adornos navideños’, o día 23 haberá “Contacontos, títeres e panxoliñas’, o día 29, ‘Xogos de Nadal’ e o día 30 de decembro, ‘Repostería creativa de Nadal’.

Xa polas tardes está programado, tamén para os máis pequenos, o ‘Nadal xogo’. Será no pavillón municipal de Bembibre entre as 17.30 e as 19.30 horas. Cada día estará adicado a un deporte: baloncesto, volei, bádminton e fútbol sala. O vernes día 2 de xaneiro tamén haberá unha xonarda multideporte no pavillón municipal.

15 de decembro de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.