Uns 45 nenos poderán acompañar aos Reis Magos na cabalgata de Vilagarcía
Corenta e cinco nenos e nenas de Vilagarcía terán a oportunidade de vivir un dos días máis especiais das súas vidas o vindeiro 5 de xaneiro acompañando aso Reis Magos na Cabalgata que percorrerá as rúas da cidade. A Concellería de Cultura reservou 45 prazas nas carrozas da comitiva real para que poidan formar parte delas os nenos que o desexen, cos únicos requisitos de ter cumpridos os 8 anos, anotarse previamente e ir vestidos cos traxes acordes coa temática da festa.
A Concellería de Cultura abriu a Cabalgata á participación dos nenos e nenas de Vilagarcía xa hai uns anos co obxectivo de que a súa participación non se restrinxira á das colexios ou colectivos que colabora,. Así, calquera rapaz que non forme parte de calquera destes colectivos, tamén terá a oportunidade de acompañar a Melchor, Gaspar e Baltasar na súa visita a anual a Vilagarcía dende a lugar privilexiado das carrozas reais.
Para poder optar a estas prazas, os interesados deben anotarse na Concellería de Cultura, sita no Auditorio, a partir do luns, 15 de decembro, de uns a venres e en horario de 8.30 a 14.30 horas. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición e o prazo para anotarse pecharase tan pronto como se cubran. Non obstante haberá lista de agarda, que se seguirá tamén por orden de inscrición, en caso de que se produzan baixas.











