As obras de substitución do pavimento do pavillón Manuel Coto Ferreiro de A Estrada son adxudicadas a Suministros Técnicos Deportivos, S.L.U.

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a adxudicación a Suministros Técnicos Deportivos S.L.U. os traballos de substitución do pavimento do Pavillón Polideportivo Municipal Manuel Coto Ferreiro de A Estrada.

O importe de adxudicación ascende a 44.286 euros e as obras e traballos consistirán no levantamento do actual solo, totalmente deteriorado polo uso intensivo, e na instalación dun novo pavimento vinílico con xuntas termosoldadas.

12 de decembro de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.